Can Cun Quinqué

Can Cun Quinqué é un proxecto de creación en danza contemporánea con sede en Santiago de Compostela, dirixido por Leodán Rodríguez Casas e Isabel Sánchez Temprano.

O noso traballo céntrase na produción escénica e na investigación do movemento, ao tempo que impulsamos proxectos como o festival herDanza e o Certame Coreográfico Galego, orientados a apoiar a creación e achegar a danza a novos públicos.

Tamén desenvolvemos pezas audiovisuais e accións formativas, entendendo a práctica artística como un proceso aberto, colaborativo e en constante evolución.